FORMULARIO DE INSCRICIÓN A ACTIVIDADES

Para inscribirse nesta actividade é condición necesaria a LECTURA e ACEPTACIÓN do seguinte DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E ASUNCIÓN EXPRESA DO RISCO

Nota: no caso de menores de idade deben descargar e imprimir o seguinte ficheiro (premer aquí) e levalo asinado polo pai/nai ou titor/a legal o día da ruta.

MEDIANTE O PRESENTE DOCUMENTO, DECLARO A MIÑA INTENCIÓN DE NON PRESENTAR NINGUNHA RECLAMACIÓN CONTRA O CLUB DE MONTAÑA FORMIGUEIROS, NIN CONTRA NINGÚN DOS SEUS SOCIOS.

En Quiroga a, (nota: poñer a data actual NON a da actividade)

de
de 2017

Eu,


con D.N.I

Pola presente, afirmo que fun advertido e informado detalladamente sobre os riscos inherentes á práctica da actividade proposta.

Ademais entendo que a práctica deste tipo de actividades implica certos riscos inherentes, polo que estou de acordo en renunciar a calquera reclamación contra os socios do Club de Montaña Formigueiros, por calquera lesión, enfermidade, morte ou danos que poidan ocorrer como resultado da miña participación en calquera actividade organizada relacionada. Este descargo fai referencia expresa a calquera tipo de lesión, incluso ás que poidan causar a miña morte, coa condición de que en vista deste descargo nin os meus beneficiarios, nin herdeiros podan facer valer ningunha reclamación contra as Partes Exoneradas.

En consideración a ser aceptado para as actividades de montaña, pola presente asumo persoalmente todo risco relacionado co mesmo, por todo prexuízo lesión ou dano que me ocorra estando eu inscrito como participante do mesmo, incluíndo todos os riscos relacionados co mesmo (incluído os desprazamentos en coche), tanto os predicibles como os impredicibles.

Asemade, declaro que non padezo enfermidade ou lesión que poida agravarse como consecuencia da realización da actividade. Igualmente declaro que non estou baixo tratamento con fármacos con sustancias relaxantes, excitantes ou alucinóxenas que poidan perturbar o desenvolvemento normal da actividade, eximindo ao Club e aos seus socios de toda responsabilidade derivada.

Libero expresamente, aos membros do Club de Montaña Formigueiros e as Partes Exoneradas, de calquera reclamación ou preito propio ou por parte da miña familia, do estado, ou dos meus herdeiros, derivados da miña inscrición nas actividades, tanto durante o transcurso das mesmas, como despois de renunciar ou concluír as mesmas por calquera causa.

Tamén declaro que son maior de idade e capaz de asinar “esta liberación de responsabilidade”, ou que, en caso de non selo, conto co consentimento por escrito do meu pai ou titor legal.

Entendo que os termos aquí expresados son contractuais, e non un mero enunciado. E asino este documento por vontade propia. Declaro que a miña familia coñece as miñas actividades deportivas e o texto íntegro do presente.

É A MIÑA INTENCIÓN MEDIANTE ESTE DOCUMENTO A DE EXIMIR E LIBERAR AOS SOCIOS DO CLUB DE MONTAÑA FORMIGUEIROS DE TODA OBRIGA E RESPONSABILIDADE CARA A MIN, A MIÑA FAMILIA, HERDEIROS OU CESIONARIOS POR TODO DANO, LESIÓNS OU MORTE, QUE POIDAN OCORRER COMO CONSECUENCIA DA MIÑA PARTICIPACIÓN NA PRÁCTICA DESTA ACTIVIDADE.

INFORMEIME COMPLETAMENTE DO CONTIDO DESTE “DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E ASUNCIÓN EXPRESA DOS RISCOS”, LENDO A MESMA ANTES DE ASINALA, NO MEU NOME E EN REPRESENTACIÓN DE TODA A MIÑA FAMILIA.