Licenza FGM

@s soci@s do club interesad@s en obter a licenza da Federación Galega de Montañismo poden facelo seguindo o seguinte procedemento:

  1. Debes ter aboada a cota de socio do ano en curso ou aboala xunto co importe da licenza. Para aboar a cota de soci@, preténdese para a tempada 2017 que tod@s teñamos domiciliado o pago. É moi doado, tedes que facernos chegar cuberto o modelo de autorización (modelo SEPA) que podedes descargar aquí, ou recoller no Albergue de Quiroga. MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA CARGO BANCARIO (MODELO SEPA).
  2. Facer un ingreso ou transferencia á conta corrente do Club no Banco Popular de Quiroga (ES31 0238 8246 8106 0006 3040) polo importe correspondente a modalidade elixida de licenza. A directiva pretende que este sistema deixe de usarse e sexa “prioritario” ter feita a domiciliación para reducir a carga administrativa do club. Agardamos a vosa comprensión.

  3. Para rematar envíanos unha mensaxe a través da sección “CONTACTO” deste blog  cos seguintes datos (se xa es soci@ só precisamos o teu enderezo postal):

    • Nome e apelidos
    • DNI
    • Data de nacemento
    • Enderezo completo con código postal

INFORMACIÓN SOBRE A LICENZA DA F.G.M. 2017

Modalidades e prezos

Coberturas do seguro de accidentes