Category Archives: Sendeirismo

1ª ruta nocturna CM FORMIGUEIROS

Por primeira vez dende que se fundara o Club faremos unha ruta nocturna.

Sairemos do Albergue de Quiroga e dirixirémonos ata a ponte do Vilaverde onde colleremos o Paseo Fluvial do río Quiroga ata a Ribeira, unha vez alí cruzaremos a estrada para dirixirnos a Vilañán e dende alí comezar a ascensión o Alto do Parapente onde teremos unhas vistas espectaculares do val iluminado. 

Ao regreso volveremos por unha pista onde tamén teremos unhas bonitas vistas do Castelo de Torrenovaes e da Presa de San Pedro.

 

Data: sábado 10 de xuño de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 22:15h. Volta prevista arredor da 01:00h.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 12 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +500 -500

Dificultade: media

Dirixida a: SOCIOS/AS.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga
  • lanterna ou frontal
  • móbil con batería
  • roupa de abrigo
  • prendas reflectantes (opcional)
  • luz de recambio (opcional)
  • manta térmica (opcional)
  • bastóns para camiñar (opcional)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

*Recomendase dispoñer nas saídas dunha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Advertisements

Ruta da Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

O vindeiro 26 de marzo, convidámosvos novamente á Devesa do Cervo e o Pico Montouto, paraxe que nos segue parecendo insuficientemente coñecido ao tempo que de singular beleza.

Saíndo dende Outeiro faremos unha ruta circular que sortea un desnivel importante atravesando a Devesa do Cervo, chegando a superar os 1.500 m. Durante a etapa teremos ocasión de contemplar as vistas que nos ofrece o Montouto da Serra dos Cabalos e da parte sueste da propia Serra do Courel, xa no límite cos nosos veciños de Castela e León.

Un magnífico lugar para dala benvida á nova estación 🙂

Data: domingo 26 de marzo de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 21 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1500 -1500

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS CON LICENZA OU SEGURO.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga: San Clodio – Os Novais

Ruta de sendeirismo organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUAS DO CAFI (CENTRO AUTONÓMICO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN), na que colabora o Club de Montaña Formigueiros.

O roteiro pretende percorrer os lugares dos que fala a obra de Manuel María “Sonetos ao Val de Quiroga”. Daquela percorreremos: San Clodio, Quiroga, Pacios de Mondelo, A Ermida, Barxa, Arxubín, Lamela, A Veiguiña, A Rodela, Carballo do Hospital, Vilañán, O Souto, O Hospital, San Xulián de Arriba, Caspedro, O Castelo e Os Novais.

O percorrido inclúe as visitas ao Museo Xeolóxico de Quiroga, a Igrexa da Ermida e a Igrexa do Hospital, así como paradas nos lugares dende os que se pode ofrecer algunha explicación sobre o noso entorno, ou aqueles que están relacionados con algún dos sonetos do libro de Manuel María.

Data: sábado 9 de abril de 2016

Lugar de saída: Ponte vella de San Clodio (hora de saída por confirmar).

Chegada (estimada): por confirmar (dependendo da hora de saída).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 18,4 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +628 -560 m

Dificultade: media

Dirixida a: público en xeral

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena coa bebida e comida xa que a ruta durará toda a xornada.
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta do Val do Río Quiroga

Ruta de sendeirismo que percorre unha pista de terra paralela ao río Quiroga ata chegar á aldea de Casa do Vello. Desde aquí ascendemos por un sendeiro que nos leva á ermida de San Xoán, e descendemos polo val do río Pacios ata chegar ao pobo de As Barxas.

Saíndo de As Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atoparemos dúas alvarizas ben conservadas. Só nos queda chegar á desembocadura do río Pacios no río Quiroga. Poderemos volver comodamente ao inicio da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.

Data: domingo 3 de abril de 2016

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 10:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 13:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 9,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +360 -360 m

Dificultade: media-baixa

M.I.D.E.:

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena con auga e algo de comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

Cartografía IGN 1:25.000: 156-IV, 157-III, 189-II

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta da Cubela (PR-G 180)

Trátase dunha das rutas máis fermosas e espectaculares que se poden realizar na provincia de Lugo, dentro do Espazo Protexido do Canón do Sil, e que discorre a través do municipio de Ribas de Sil. No 2015 foi homologada pola F.G.M.

A ruta discorre en gran parte por un pequeno sendeiro que vai bordeando o canón, permitíndonos contemplar os fantásticos paisaxes que ofrece esta zona da Ribeira Sacra ao seu paso por Augasmestas, atravesando lugares de gran valor ecolóxico caracterizados pola presenza de especies de flora típicas de ambientes mediterráneos, como enciñeiras, sobreiras, érbedos, etc..

Na metade do percorrido, poderemos contemplar o que sen dúbida é o elemento natural máis fermoso de todo o Canón do Sil: o impresionante Meandro da Cubela, que describe unha curva de case 360 graos, e situado nun entorno sen parangón en toda a zona.

Ademais, ao longo da ruta, visitaremos interesantes poboacións típicas da zona, como A Cubela, fermosa aldea restaurada con fondos da Unión Europea e situada nun fermoso lugar; Torbeo, cunha valiosa e moi interesante igrexa románica e Souto, esta última completamente abandonada.

Data: domingo 31 de xaneiro de 2016.

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 14:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +550 -550

Dificultade: baixa

M.I.D.E.:

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 180 Ruta da Cubela

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar po e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e algo de comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO (nota: ao final da ruta iremos comer a Quiroga, o que queira apuntarse á comida que o especifique no campo “Comentario” do formulario de inscrición).

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 180 Ruta da Cubela

Cartografía IGN 1:25.000: 189-I, 189-II

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta 2º aniversario do Club Formigueiros

Ruta circular con saída dende a Seara dirección Formigueiros polo camiño recentemente recuperado polo concello ata Formigueiros, baixada cara das Fontes da Rogueira saíndo dirección Campa da Lucenza para retornar ao inicio baixando pola lagoa.

Data: sábado 9 23 de xaneiro de 2016 (nota: debido ás malas previsións meteorolóxicas cámbiase a data para o día 23).

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 18:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 10,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +900 -900 m

Dificultade: media

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta A Seara - Formigueiros - Lagoa da Lucenza - A Seara

Ruta A Seara – Formigueiros – Lagoa da Lucenza – A Seara

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta da Devesa do Cervo

Aproveitando o festivo propoñemos un roteiro circular de dificultade media que saíndo do Mazo, na Ferrería de Soldón, ascende pola Devesa do Cervo para subir ata a pista que baixa do Alto da Golada onde tomaremos o camiño que baixa dende a Golada ata o punto de saída.

A devesa do Cervo é unha gran descoñecida para a maioría dos visitantes da serra, a primeira parte da ruta que faremos está recentemente limpa e sinalizada polo concello de Quiroga. Alberga unha impresionante representación do bosque atlántico con carballos, acivros, castiñeiros, bidos e abeleiras entre  paisaxes vertixinosas, por momentos sentirémonos ao marxe da civilización. Pararemos a ver algunhas das pincheiras próximas ao recorrido ata chegar ao camiño que nos enlazará coa ruta que une a Seara con Soldón.

É recomendable traer unha toalla e calcetíns de reposto na mochila dado que teremos que descalzarnos para cruzar algún carrozo.

Data: martes 8 de decembro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 16:30 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 17,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +950 -950

Dificultade: media

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio (toalla para secar os pés logo dos cruces de río)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta Devesa do Cervo

Ruta Devesa do Cervo

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta ao Cornón de Busmori (1.934 m) e pico El Miro de Valdeprado (1.985 m) (Ancares Leoneses)

Para o próximo domingo propoñemos unha saída aos Ancares Leoneses, situados no noroeste da provincia de León. Para iso desprazarémonos en coche ata a localidade de Páramo del Sil (León) e unha vez alí, á altura de El Hospital, desviarémonos á esquerda pola estrada de Valdeprado, unha estrada de montaña que comunica coa vertente asturiana. Pasaremos o pobo de Valdeprado e aproximadamente dous quilómetros máis adiante chegaremos á Braña de Susañe, punto de inicio da ruta e onde deixaremos os coches.

Partiremos camiñando da Braña de Susañe e ascenderemos suavemente por un camiño (se non fose posible porque estivese pechado pola maleza, iriamos pola estrada) durante 1,5 km cara o porto de San Antón, logo iremos por unha senda de montaña progresivamente gañando altura cara as Lagoas de Fasgueo. Dende aí ascenderemos ata o Cornón de Busmori, tamén chamado Alto Bismor, continuaremos polo cordal ata o pico El Miro, o punto máis alto da ruta cos seus 1.985 m. Quen queira poderá achegarse ao pico xemelgo: Peña Boquín (1.986 m). Logo descenderemos ata a lagoa glaciar Pozo Cheiroso e seguiremos baixando pola Braña Viecha e polo regato La Braña El Monte ata a aldea de Valdeprado. Dende alí distan uns 2 kms ata a fin da ruta, chegando de novo á Braña de Susañe.

Se o día está despexado poderemos divisar unha chea de picos dende as cotas máis altas: Cuiña, Miravalles, Cueto Arbás, El Cornón, Peña Ubiña, Valdeiglesias e Catoute, entre outros.

Data: domingo 31 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 21:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 14 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1038 -1038

Dificultade: alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Cornón de Busmori - El Miro (desde Braña de Susañe)

Cornón de Busmori – El Miro (desde Braña de Susañe)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Fin de semana en Picos de Europa

Propoñemos unha visita a finais de xuño aos Picos de Europa para realizar dúas espectaculares rutas de sendeirismo, a primeira no macizo oriental e a segunda no central.

Datas: venres 26 – domingo 28 de xuño

Saída: venres 26 do Albergue de Quiroga (hora por determinar).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada:

– Sábado 27: 14 km.
– Domingo 28: 22 km.

Desnivel acumulado aproximado en metros (positivo e negativo):

– Sábado 27: +250 -1000
– Domingo 28: +400 -400

Dificultade: media

Necesaria licenza ou seguro privado: non

Material necesario:

  • roupa e calzado adecuados para media montaña
  • mochila con auga (moi importante se temos un día de calor) e algo para picar (froitos secos, barriñas,…)
  • bastóns para camiñar
  • ter en conta que a finais de xuño podemos ter sol e forte calor co cal é imprescindible a protección adecuada (gafas de sol, crema solar, gorra/sombreiro…)

A data límite para facer a inscrición é o 17 de maio. O prezo final dependerá do número de participantes, previsiblemente estará entre 50-100 €, desprazamento e aloxamento incluídos, aínda que tentaremos reducir ao máximo o gasto final.

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

DESCRICIÓN DAS RUTAS

Ruta 1 (sábado 27): Achegarémonos a Fuente Dé (1.094 m) para coller o teleférico que en menos de 4 minutos nos deixará a 1.853 m., salvando máis de 750 m. de desnivel. Aquí comezaremos a ruta propiamente dita, sairemos da estación do teleférico e comezaremos a camiñar pola pista cara á Horcadina de Covarrobres (1.920 m.). Aquí a pista bifúrcase, un ramal cara ao interior do macizo e outro cara a Áliva. Colleremos este último ramal, seguindo por esta pista na que pasaremos por enriba do Chalet Real. Durante o descenso chegaremos ao hotel-refuxio de Áliva a 1.670 metros.

Unha vez no hotel-refuxio tomaremos unha pista que nos leva ás Vegas de Sotres tamén coñecidas como Vegas del Toro, situadas a 1.080 metros de altitude. Seguiremos o noso camiño pola pista, nun suave descenso cara aos Invernais de Cabao (950 metros de altitude). Pasamos estes e remontamos a pendente ata enlazar coa curva da estrada subindo por esta ao noso punto de chegada, Sotres, a 1.050 metros de altura.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Fuente Dé - Sotres

Fuente Dé – Sotres

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Ruta 2 (domingo 28): Arquicoñecida e espectacular ruta polo desfiladeiro do río Cares. A Ruta do Cares está situada no Parque Nacional dos Picos de Europa. Transcorre entre a localidade asturiana de Poncebos e a leonesa de Caín nun percorrido de 11 km., atravesando o desfiladeiro que segue o río nunha das rutas de sendeirismo máis espectaculares que se poden facer en toda Europa. O río Cares tallou este impresionante desfiladeiro que divide Picos de Europa e separa o Macizo Central do Macizo Occidental cuxos cumios en ambos os dous Macizos se elevan máis de 2.000 metros sobre o fondo do desfiladeiro por onde corren as cristalinas augas do río Cares.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta del Cares

Ruta del Cares

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Ruta de sendeirismo arredor do regato do Castelo (Quiroga)

Ruta pola contorna do regato do Castelo, sobre camiños e carreiros, algo de asfalto tamén, pouco, pero nada de monte a través.

Sairemos da praza do Albergue/Auditorio cara a ponte de Vilaverde, Pacio Vello, Caspedro, dende alí ao fondo do val do regato do Castelo, atravesarémolo regato con coidado de non mollar os pes, e cruzamos o piñeiral para chegar ao cruce de camiños que nos levará, opcional e segundo vaia o día, aos lugares abandonados de Novais do Medio e Novais de Arriba, para logo baixar ao Castelo dos Novais, para visitalo e descansar un anaco antes de volver ao punto de partida seguindo, en parte, o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela.

Data: domingo 10 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 10:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo (iniciación)

Distancia aproximada: 11 km. (2 km. son opcionais)

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +340 m.

Dificultade: baixa, media-baixa

Dirixida a: socios e público en xeral (nenos maiores de 6 anos e acompañados dun adulto durante a ruta).

Necesaria licenza ou seguro privado: non

Material necesario:

  • calzado e roupa cómodos
  • mochila pequena con auga e algo para picar (froitos secos, barriñas,…)
  • bastóns para camiñar (opcional)

Inscrición:

SOCIOS: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

NON SOCIOS: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño):

Quiroga - regato do Castelo - As Novais

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.