Author Archives: monchovila

Asemblea xeral ordinaria 2016: resumo e presentación para descargar

Como resultado da asemblea xeral do pasado sábado 17,  podemos destacar o seguinte:

  • As cotas 2017 para @s soci@s que domicilien o pago serán de 6 € para @s adult@s e 3 € para @s xuvenís (12 a 18 anos), menores de 12 gratis.
  • As cotas 2017 para aqueles/as soci@s que non domicilien o pago serán de 10 € para @s adult@s e 5 € para @s xuvenís.
  • O prazo para renovarse como soci@ remata o 28 de febreiro 2017.
  • As contas do ano 2016 quedan aprobadas cun resultado positivo de 253,87 €.
  • O orzamento do ano 2017 queda aprobado.

A primeira remesa de licenzas farase o 31/12/2016, @s interesad@s deberán ingresar o importe antes desa data. IMPORTANTE poderase domiciliar xunto coa cota anual o pago la licenza, pero solo se tramitarán as licenzas que se ingresen antes da data da remesa, polo tanto a domiciliación a través do SEPA tedes que facela (e achegala o Club) antes do día 30. CONSELLO ingresar ou transferir os cartos da licenza xa e deixar a domiciliación do pago da cota de socio para mais adiante (tedes de prazo ata finais de febreiro).

Podedes descargar aquí a presentación detallada da Asemblea: PRESENTACIÓN ASEMBLEA XERAL 2016

Aproveitamos para desexarvos bo nadal e que o 2017 sexa un ano cheo de montañas!!
Un saúdo

CM Formigueiros

Advertisements

Domiciliación da cota do club

Dende a directiva do Club de Montaña Formigueiros infórmase a tod@s @s soci@s que para facilitar as tarefas burocráticas que se realizan dende o club, este ano preténdese que todos @s soci@s domicilien a súa cota anual. Para facilitar este sinxelo trámite que aforra moito traballo tedes á vosa disposición o modelo para autorizar que se cargue na vosa conta a cota anual correspondente.

Este impreso (MODELO SEPA), imprescindible para que o voso banco nos autorice a facer o cargo, podédelo descargar premendo sobre a seguinte ligazón:

MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA CARGO BANCARIO (MODELO SEPA)

Ou se alguén o prefire tamén está á vosa disposición na oficina do Albergue Municipal de Quiroga (podédesllo pedir a Guillermo ou a Mary, que sempre andan por alí).

É moi importante que por calquera dos medios que se poñen á vosa disposición vaiades facendo entrega do modelo cuberto para axilizar os trámites de primeiros de ano. Un bo momento será a Asemblea Ordinaria do Club (sábado 17 de decembro, 19:00 h, Albergue Municipal de Quiroga) ou na posterior cea de Nadal.

 

Licenza da Federación Galega de Montaña 2017

Información sobre os prezos da licenza da FGM para o ano 2017. Toda a información que proporcionan sobre este tema está nesta ligazón.

PREZO LICENZA FGM 2017

 

Asemblea xeral ordinaria 2016

A Xunta Directiva do Club informa a tod@s @s soci@s de que o sábado 17 de decembro as 19:00 h (en primeira e única convocatoria) no Albergue de Quiroga terá lugar a Asemblea Xeral do ano 2016 aberta a tod@s os soci@s e simpatizantes en xeral.

Os puntos da orde do día serán os seguintes:

  1. BALANCE DO ANO 2016.
  2. APROBACIÓN DAS CONTAS DO CLUB.
  3. COTAS PARA O ANO 2017.
  4. PLANIFICACIÓN DO ANO 2017.
  5. PREGUNTAS E SUXESTIÓNS.

Animamos a tod@s a participar activamente da Asemblea posto que é importante para o Club a participación dos seus socios e socias.

Calquera dúbida ou reflexión que queirades facerlle chegar á Xunta Directiva a mellor canle é: cmformigueiros@gmail.com

Cea de Nadal 2016

O día 17 de decembro, no Restaurante DIMAR de Quiroga, a partir das 22:00 h.

O menú ten un prezo de 20 € e consta de:

  • Primeiro: táboa de embutidos ibéricos, tostas de solombo con crocante de cebola e gambón á prancha con 2 salsas.
  • Segundo: costeleta de tenreira con salsa de boletus ou rodaballo con risotto de marisco.
  • Variado de sobremesa caseiros.
  • Bebidas: Mencía, Rioxa, Albariño, café, chupito ou Champán.

@s interesad@s debedes informar previamente para a correcta xestión das reservas, antes do día 14 de decembro, enviando un correo electrónico a este enderezo: cmformigueiros@gmail.com; no correo haberá que indicar que prato queremos de segundo.

Grazas!
Un saúdo
CM Formigueiros