Author Archives: danivg19

Visita ó Pirineo Navarro

Na próxima ponte de outubro voltaremos os Pirineos. Esta vez o Pirineo Navarro. Esta actividade é soamente para soci@s e para unha correcta organización da mesma, necesitamos confirmación a través do correo do club (cmformigueiros@gmail.com) antes do vindeiro 10 de setembro.

12, 13, 14 e 15 de outubro de 2017.

O programa previsto é o seguinte, viaxaremos cos nosos medios e visitaremos:

  • Ruta circular na Selva de Irati (Casas de Irati, Salto del Cubo, Lizardoia, Encoro de Iraibea), 20 Km +1350 m 7 h.
  • Ascensión ao Pic D’Anie ou Auñamendi 2.502 m Francia-España: 15 Km, 1000 m, 7 h 30′.
  • Visita Gargantas de Kakoueta.

O aloxamento será en albergue, en Isaba (Navarra). Aquí teremos o campamento base e dende este punto nos desprazaremos para realizar as nosas actividades.

IMPORTANTE: os interesad@s deben anotarse a través do correo do club antes do 10 de setembro.

Advertisements

1ª ruta nocturna CM FORMIGUEIROS

Por primeira vez dende que se fundara o Club faremos unha ruta nocturna.

Sairemos do Albergue de Quiroga e dirixirémonos ata a ponte do Vilaverde onde colleremos o Paseo Fluvial do río Quiroga ata a Ribeira, unha vez alí cruzaremos a estrada para dirixirnos a Vilañán e dende alí comezar a ascensión o Alto do Parapente onde teremos unhas vistas espectaculares do val iluminado. 

Ao regreso volveremos por unha pista onde tamén teremos unhas bonitas vistas do Castelo de Torrenovaes e da Presa de San Pedro.

 

Data: sábado 10 de xuño de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 22:15h. Volta prevista arredor da 01:00h.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 12 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +500 -500

Dificultade: media

Dirixida a: SOCIOS/AS.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga
  • lanterna ou frontal
  • móbil con batería
  • roupa de abrigo
  • prendas reflectantes (opcional)
  • luz de recambio (opcional)
  • manta térmica (opcional)
  • bastóns para camiñar (opcional)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

*Recomendase dispoñer nas saídas dunha licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

II Xeoruta do sinclinal da Serra do Courel: Leixazós – Quiroga

O vindeiro sábado 3 de xuño o Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga organiza a II Xeoruta polo Sinclinal da Serra do Courel.

Dende o Club de Montaña queremos dar difusión a esta actividade e participar dela como xesto o gran traballo que desde esta organización se está a facer no ámbito da conservación e difusión do patrimonio xeolóxico da Serra o Courel e a Comarca de Quiroga (que abrangue os Concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil). Proba desto é o proxecto que se está a levar a cabo para a creación dun Xeoparque (COUREL MOUNTAINS GEOPARK) amparado pola UNESCO (que sería o primeiro destas características en Galicia).

A actividade iníciase no Museo Xeolóxico de Quiroga cunha visita que dura sobre 30’. Sobre ás 10:30 h, sairemos cara o miradoiro de Campodola onde pararemos sobre 10’, logo xa ata o desvío que baixa a Leixazós onde arranca a andaina polo sendeiro homologado PR-G 192. Pasaremos por Leixazós e percorreremos o magnífico sendeiro que vai pola marxe dereita do río Ferreiriño con paradas en varias fervenzas espectaculares como a do Botán, logo pasaremos baixo a charnela do Sinclinal da Serra do Caurel (Monumento Natural e Punto de interese xeolóxico Internacional). Ascenderemos suavemente cara o alto do Castelín para dende alí baixar cara a Arxubín e Barxa, logo pola Gandara Cha da Ermida e o Regueiral de novo a Quiroga.

 

Data: sábado 3 de xuño de 2017

Lugar de saída:

MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA, NA RÚA DO CAUREL AO CARÓN DO CÁRCERE VELLO. Podemos usar os nosos coches para desprazarnos. A organización da Xeoruta ten previsto un autobús que levará aos/as participante ata Leixazós, o prezo de inscrición nesta modalidade estará entre 5-10 €. É a opción máis cómoda.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 11 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +73m -458m

Dificultade: baixa

Dirixida a: aberto ó público en xeral

*Recomendase dispoñer nas saídas da licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Material necesario:

ROUPA ADECUADA PARA UNHA CAMIÑATA CÓMODA PERO POR UN SENDEIRO DE MONTAÑA. AUGA NECESARIA E ALGO PARA COMER A MEDIA MAÑÁ. A IDEA E REGRESAR A COMER A QUIROGA.

photo_2017-05-11_19-58-21

Alto de La Cañada (2.157m)

O vindeiro domingo 21 de maio imos de novo a Babia cunha espectacular ruta pola Serra de Villabandín, xa na alta Babia.

Comezaremos a ruta en Riolago de Babia, deixaremos os coches no aparcadoiro á entrada da vila xunto á igrexa. Cruzamos a vila en dirección sur, a 500 m aproximadamente da saída desviámonos polo camiño da dereita cara La Güeriza e bordeándoa pola parte norte de Peña Blanca chegaremos a unha golada a 1.734 m, dende aquí seguimos un camiño que nos leva a La Braña Vieja. Dende aquí subiremos polo monte ata La Braña Vieja (2.029 m) para continuar por todo o cordal ata o Alto de Terreiros (2.061 m), Peña la Arena (2.116 m), Rabinalto (2.117 m) e Alto de La Cañada (2.157 m).

Para baixar seguiremos polo cordal ata o Pico la Ferrera (2.122 m) onde colleremos un sendeiro que nos baixa ata a Laguna del Lago e o Lago Chao, dende aquí por un camiño que se confunde co regato, dependendo do caudal, ata enlazar co camiño de Las Brañas que nos deixa de novo en Riolago de Babia.

 

Data: domingo 21 de maio de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 7:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 20 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1218m -1218m

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS.

*Recomendase dispoñer nas saídas da licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña (estaremos por riba dos 2000m) e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Alto de La Cañada (desde Riolago de Babia)

Alto de La Cañada (desde Riolago de Babia)

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Ruta circular a Sobredo

O vindeiro domingo 23 de abril imos de novo ao Courel.

Deixamos os coches no Castro da Torre e baixamos ata o camiño antigo que vai pola beira do Lor ata a ponte de Traspando (faremos unha parada no Castro de Foucellas) e seguiremos ata a ponte de Traspando para xirar á dereita cara o val do río Lóuzara dirección Lousadela/Seceda; veremos neste tramo as fervenzas de Xogateiras e a Ferrería de Lousadela co seu acueduto para logo ir gañando altura cara Seceda. En Seceda tomaremos as pistas que nos levan cara a Veiga das Arcas e pecharemos a ruta outra vez en Sobredo.

Opcionalmente quen queira pode quedar en Seceda (neste caso a ruta sería de 12 km) levando o coche ata a entrada do pobo (dende Seceda a Sobredo hai 5 minutos de coche).

Data: domingo 23 de abril de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 20 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +500 -500

Dificultade: media

Dirixida a: SOCIOS/AS.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta da Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

O vindeiro 26 de marzo, convidámosvos novamente á Devesa do Cervo e o Pico Montouto, paraxe que nos segue parecendo insuficientemente coñecido ao tempo que de singular beleza.

Saíndo dende Outeiro faremos unha ruta circular que sortea un desnivel importante atravesando a Devesa do Cervo, chegando a superar os 1.500 m. Durante a etapa teremos ocasión de contemplar as vistas que nos ofrece o Montouto da Serra dos Cabalos e da parte sueste da propia Serra do Courel, xa no límite cos nosos veciños de Castela e León.

Un magnífico lugar para dala benvida á nova estación 🙂

Data: domingo 26 de marzo de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 21 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1500 -1500

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS CON LICENZA OU SEGURO.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

Devesa do Cervo, arestas de Montouto e Rinán

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Ruta de Penaboa

O vindeiro 11 de marzo convidámosvos á Ruta de Penaboa, que pasa por ser unha das mais transitadas polo Courel nestes últimos anos, no so pola dureza da mesma senón polas espectaculares vistas da Serra do Courel, sobre todo dende o miradoiro.

Data: sábado 11 de marzo de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. ou Ferreirós de Abaixo ás 10:00h (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km (entre 6 e 8,5 horas de actividade prevista).

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1250 -1250

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS CON LICENZA OU SEGURO.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Notas: non se recomenda esta actividade a nenos (<12 anos). A aresta de Penaboa pode entrañar certo malestar a persoas con algún tipo de vertixe. Existen zonas de forte pendente.

Alternativa por si vai mal tempo (que se decidirá sobre o propio terreo): Folgoso – Traspando – Sudrios – Castro de Foucellas – Sobredo – Ponte do Porto – Folgoso 14 km., dificultade baixa.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta de Penaboa

Ruta de Penaboa

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

3º Aniversario do CM Formigueiros

Ruta circular con saída dende Moreda dirección Formigueiros por unha das vías menos transitadas que nos levará ata Formigueiros, baixada cara das Fontes da Rogueira saíndo dirección Moreda pola Devesa da Rogueira. (nota importante: dependendo das condicións, sobre o terreo valoraremos a posibilidade de variar o percorrido).

Data: sábado 21 de xaneiro de 2017.

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 16:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 9 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1.000 -1.000 m

Dificultade: media

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: non

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.