II Xeoruta do sinclinal da Serra do Courel: Leixazós – Quiroga


O vindeiro sábado 3 de xuño o Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga organiza a II Xeoruta polo Sinclinal da Serra do Courel.

Dende o Club de Montaña queremos dar difusión a esta actividade e participar dela como xesto o gran traballo que desde esta organización se está a facer no ámbito da conservación e difusión do patrimonio xeolóxico da Serra o Courel e a Comarca de Quiroga (que abrangue os Concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil). Proba desto é o proxecto que se está a levar a cabo para a creación dun Xeoparque (COUREL MOUNTAINS GEOPARK) amparado pola UNESCO (que sería o primeiro destas características en Galicia).

A actividade iníciase no Museo Xeolóxico de Quiroga cunha visita que dura sobre 30’. Sobre ás 10:30 h, sairemos cara o miradoiro de Campodola onde pararemos sobre 10’, logo xa ata o desvío que baixa a Leixazós onde arranca a andaina polo sendeiro homologado PR-G 192. Pasaremos por Leixazós e percorreremos o magnífico sendeiro que vai pola marxe dereita do río Ferreiriño con paradas en varias fervenzas espectaculares como a do Botán, logo pasaremos baixo a charnela do Sinclinal da Serra do Caurel (Monumento Natural e Punto de interese xeolóxico Internacional). Ascenderemos suavemente cara o alto do Castelín para dende alí baixar cara a Arxubín e Barxa, logo pola Gandara Cha da Ermida e o Regueiral de novo a Quiroga.

 

Data: sábado 3 de xuño de 2017

Lugar de saída:

MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA, NA RÚA DO CAUREL AO CARÓN DO CÁRCERE VELLO. Podemos usar os nosos coches para desprazarnos. A organización da Xeoruta ten previsto un autobús que levará aos/as participante ata Leixazós, o prezo de inscrición nesta modalidade estará entre 5-10 €. É a opción máis cómoda.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 11 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +73m -458m

Dificultade: baixa

Dirixida a: aberto ó público en xeral

*Recomendase dispoñer nas saídas da licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Material necesario:

ROUPA ADECUADA PARA UNHA CAMIÑATA CÓMODA PERO POR UN SENDEIRO DE MONTAÑA. AUGA NECESARIA E ALGO PARA COMER A MEDIA MAÑÁ. A IDEA E REGRESAR A COMER A QUIROGA.

photo_2017-05-11_19-58-21

Advertisements

Posted on 12 Maio, 2017, in Club. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: