Monthly Archives: Maio 2017

II Xeoruta do sinclinal da Serra do Courel: Leixazós – Quiroga

O vindeiro sábado 3 de xuño o Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga organiza a II Xeoruta polo Sinclinal da Serra do Courel.

Dende o Club de Montaña queremos dar difusión a esta actividade e participar dela como xesto o gran traballo que desde esta organización se está a facer no ámbito da conservación e difusión do patrimonio xeolóxico da Serra o Courel e a Comarca de Quiroga (que abrangue os Concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil). Proba desto é o proxecto que se está a levar a cabo para a creación dun Xeoparque (COUREL MOUNTAINS GEOPARK) amparado pola UNESCO (que sería o primeiro destas características en Galicia).

A actividade iníciase no Museo Xeolóxico de Quiroga cunha visita que dura sobre 30’. Sobre ás 10:30 h, sairemos cara o miradoiro de Campodola onde pararemos sobre 10’, logo xa ata o desvío que baixa a Leixazós onde arranca a andaina polo sendeiro homologado PR-G 192. Pasaremos por Leixazós e percorreremos o magnífico sendeiro que vai pola marxe dereita do río Ferreiriño con paradas en varias fervenzas espectaculares como a do Botán, logo pasaremos baixo a charnela do Sinclinal da Serra do Caurel (Monumento Natural e Punto de interese xeolóxico Internacional). Ascenderemos suavemente cara o alto do Castelín para dende alí baixar cara a Arxubín e Barxa, logo pola Gandara Cha da Ermida e o Regueiral de novo a Quiroga.

 

Data: sábado 3 de xuño de 2017

Lugar de saída:

MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA, NA RÚA DO CAUREL AO CARÓN DO CÁRCERE VELLO. Podemos usar os nosos coches para desprazarnos. A organización da Xeoruta ten previsto un autobús que levará aos/as participante ata Leixazós, o prezo de inscrición nesta modalidade estará entre 5-10 €. É a opción máis cómoda.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 11 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +73m -458m

Dificultade: baixa

Dirixida a: aberto ó público en xeral

*Recomendase dispoñer nas saídas da licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Material necesario:

ROUPA ADECUADA PARA UNHA CAMIÑATA CÓMODA PERO POR UN SENDEIRO DE MONTAÑA. AUGA NECESARIA E ALGO PARA COMER A MEDIA MAÑÁ. A IDEA E REGRESAR A COMER A QUIROGA.

photo_2017-05-11_19-58-21

Advertisements

Alto de La Cañada (2.157m)

O vindeiro domingo 21 de maio imos de novo a Babia cunha espectacular ruta pola Serra de Villabandín, xa na alta Babia.

Comezaremos a ruta en Riolago de Babia, deixaremos os coches no aparcadoiro á entrada da vila xunto á igrexa. Cruzamos a vila en dirección sur, a 500 m aproximadamente da saída desviámonos polo camiño da dereita cara La Güeriza e bordeándoa pola parte norte de Peña Blanca chegaremos a unha golada a 1.734 m, dende aquí seguimos un camiño que nos leva a La Braña Vieja. Dende aquí subiremos polo monte ata La Braña Vieja (2.029 m) para continuar por todo o cordal ata o Alto de Terreiros (2.061 m), Peña la Arena (2.116 m), Rabinalto (2.117 m) e Alto de La Cañada (2.157 m).

Para baixar seguiremos polo cordal ata o Pico la Ferrera (2.122 m) onde colleremos un sendeiro que nos baixa ata a Laguna del Lago e o Lago Chao, dende aquí por un camiño que se confunde co regato, dependendo do caudal, ata enlazar co camiño de Las Brañas que nos deixa de novo en Riolago de Babia.

 

Data: domingo 21 de maio de 2017

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 7:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 20 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1218m -1218m

Dificultade: alta

Dirixida a: SOCIOS/AS.

*Recomendase dispoñer nas saídas da licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña.

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña (estaremos por riba dos 2000m) e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Alto de La Cañada (desde Riolago de Babia)

Alto de La Cañada (desde Riolago de Babia)

Roteiro en formato .gpx (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.