Curso de técnicas invernais


Data: fin de semana do 9 e 10 de abril de 2016.

Lugar: Centro de Turismo Activo de Vegacervera (a 35 km de León).

Aloxamento: Albergue Turístico Superior “Cueva de Valporquero”. En habitacións de 4 liteiras, para 4 persoas cada habitación. Teñen algunhas habitacións dobres, por se alguén o prefire, tendo que solicitalo.

Curso: comezará sobre as 9.30-10 do sábado e terá unha duración de 16 horas repartidas entre sábado e domingo. A comida do mediodía podería ser, dependendo das circunstancias, no albergue ou un picnic no porto de montaña a onde nos despracemos a facer as prácticas.

Contidos:

  1. Técnicas básicas de progresión na neve
    • Progresión só con botas.
    • Progresión e autoaseguramento con piolets
    • Técnicas de progresión con crampóns
    • Autodetencións, diferentes manobras de autodetención.
  2. Aseguramento en neve e xeo
    • Anclaxes en neve, estacas, palas, anclas, piolets, técnicas de fortuna.
    • Anclaxes en xeo. Parafusos e pontes de xeo
    • Reunións e triangulacións
    • Técnicas e sistemas de aseguramento.

Prezo: 125 €/persoa para un grupo mínimo de 10 persoas. Se non se desen xuntado 10 persoas, teriamos que pagar o importe do curso: 1250 € entre os que fósemos. Para evitar isto, de non chegarmos ás 10 persoas, habería a posibilidade de xuntarnos con xente doutro grupo.

Inclúe: aloxamento en réxime de pensión completa a fin de semana (comida e cea do sábado, durmida e almorzo e comida do domingo), profesorado, clases teóricas e clases prácticas, materiais técnicos, documentación, seguros de RC e accidentes. Certificado acreditativo de asistencia e aproveitamento de 16 horas.

Non inclúe: a noite do venres, pero se no grupo decidimos ir o venres, habería a opción de reservar aloxamento e incrementaría moi pouco o presuposto. Tampouco inclúe os desprazamentos ata Vegacervera, ni ata as localizacións das clases prácticas (portos de montaña). En principio o desprazamento ata as clases faríase cos nosos medios, pero se alguén precisa desprazamento ten que avisalo ao club e o presuposto pasaría a 145 €/persoa.

Condicións: é preciso o pago previo completo para a confirmación da actividade. No caso de que para a data do curso se prevexa que non vai haber neve, cancelaríase o curso e devolveríase o diñeiro. Se unha vez desprazados ata alí se suspendese a actividade por causas alleas a Guheko, o importe presupostado aboarase na súa totalidade.

Prazo para apuntarse: ata o luns 14 de marzo (dende Guheko piden o luns 14 ter unha idea da xente que está interesada, por motivos de dispoñibilidade de aloxamento e para reservarnos esa fin de semana para o curso, xa que hai outros grupos interesados no curso e é unha fin de semana solicitada). Se o 14 hai somos xa un grupiño, poderían esperar ata o 16 para ver se nos xuntamos máis e damos feito un grupo polo menos de 10, senón verían a opción de xuntarnos con outra xente para facer grupo. AMPLIADO ATA O MÉRCORES 16.

Inscrición: enviando un correo electrónico ao enderezo do club cmformigueiros@openmailbox.org

Requisitos: requírese nivel medio de forma física e levar vestimenta invernal axeitada para a neve (tres capas: camiseta técnica, forro polar e chaqueta impermeable), braga, gorro, gafas, protección solar, guantes, mochila, polainas e bastóns.

IMPORTANTE: non é necesario ser soci@ nin dispoñer de licenza (o curso cubre todo). Canta mais xente se anote mellor para poder formar grupo. ¡PODEDES DAR A MÁXIMA DIFUSIÓN!

Agradecemos enormemente a Verónica López (socia do club) o esforzo en organizar unha actividade tan interesante e necesaria como esta, ¡¡¡o primeiro curso que se organiza dende o club!!! 🙂

Advertisements

Posted on 10 Marzo, 2016, in Formación. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: