Ascensión a Peña Chana (2.168 m)


Despois da paréntese do verán retomamos as actividades no club. Nas próximas semanas temos previsto facer tres rutas, a primeira neste mes de outubro e dúas no vindeiro mes de novembro. Poremos máis información no blog no seu momento pero xa vos adiantamos que as dúas de novembro serán as seguintes:

  • Sábado 7 de novembro: ascensión ao Pico Cornón (2.188 m) desde o pobo de Lumajo (Laciana).
  • Sábado 21 de novembro: ascensión aos picos Valdeiglesias (2.134 m) e Lago (2.046 m) desde o pobo de Salentinos (Alto Bierzo).

Pero imos coa primeira das actividades propostas, neste caso será o vindeiro domingo 18 de outubro coa ascensión a Peña Chana desde o pobo de La Cueta.

Achegámonos de novo á espectacular comarca leonesa de Babia para facer un impresionante percorrido de montaña que nos levará a un dos picos máis emblemáticos da zona. Faremos un percorrido circular facendo a volta a La cueta polo val que se abre ao cruzar o paso da Paredina entre “Las Morteras” e os “Picos Blancos”. Este percorrido de volta é parte da ruta “Fuentes del Sil” na que poderemos gozar de impresionantes vistas.

Data: domingo 18 de outubro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 20:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 13 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +850 -850

Dificultade: media

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Peña Chana (desde La Cueta)

Peña Chana (desde La Cueta)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Advertisements

Posted on 7 Outubro, 2015, in Montaña. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: