Ruta ao Cornón de Busmori (1.934 m) e pico El Miro de Valdeprado (1.985 m) (Ancares Leoneses)


Para o próximo domingo propoñemos unha saída aos Ancares Leoneses, situados no noroeste da provincia de León. Para iso desprazarémonos en coche ata a localidade de Páramo del Sil (León) e unha vez alí, á altura de El Hospital, desviarémonos á esquerda pola estrada de Valdeprado, unha estrada de montaña que comunica coa vertente asturiana. Pasaremos o pobo de Valdeprado e aproximadamente dous quilómetros máis adiante chegaremos á Braña de Susañe, punto de inicio da ruta e onde deixaremos os coches.

Partiremos camiñando da Braña de Susañe e ascenderemos suavemente por un camiño (se non fose posible porque estivese pechado pola maleza, iriamos pola estrada) durante 1,5 km cara o porto de San Antón, logo iremos por unha senda de montaña progresivamente gañando altura cara as Lagoas de Fasgueo. Dende aí ascenderemos ata o Cornón de Busmori, tamén chamado Alto Bismor, continuaremos polo cordal ata o pico El Miro, o punto máis alto da ruta cos seus 1.985 m. Quen queira poderá achegarse ao pico xemelgo: Peña Boquín (1.986 m). Logo descenderemos ata a lagoa glaciar Pozo Cheiroso e seguiremos baixando pola Braña Viecha e polo regato La Braña El Monte ata a aldea de Valdeprado. Dende alí distan uns 2 kms ata a fin da ruta, chegando de novo á Braña de Susañe.

Se o día está despexado poderemos divisar unha chea de picos dende as cotas máis altas: Cuiña, Miravalles, Cueto Arbás, El Cornón, Peña Ubiña, Valdeiglesias e Catoute, entre outros.

Data: domingo 31 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 21:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 14 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1038 -1038

Dificultade: alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Cornón de Busmori - El Miro (desde Braña de Susañe)

Cornón de Busmori – El Miro (desde Braña de Susañe)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Advertisements

Posted on 27 Maio, 2015, in Sendeirismo. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Sobre a ruta, tres apuntamentos:

    – Revisando mellor o mapa, achei que o Alto Bismor é un pico diferente ao Cornón de Busmori, polo que hai ese erro no texto.
    – A ruta que atopei e o perfil do mapa correspóndense co comezo no collado de San Antón ou Puerto de Valdeprado, pero eu describina comezando un pouco antes, na Braña de Susañe. Así arrancaremos cun suave ascenso durante 1.5 kms antes de meternos na subida máis pronunciada e desta forma tamén deixamos menos subida para o final, cando xa esteamos cansos. Ademais, na Braña de Susañe parece que hai algunha fonte onde refrixerarnos ao fin da ruta.
    – O tramo entre Valdeprado e o Collado de San Antón (tramo final de subida no perfil), aínda que no track está posto por carretera, atopei un camiño alternativo polo que quizais sexa posible facelo.

    Gústame

  2. E para os que lles gusten as lendas, aquí vos deixo un texto sobre o “Pozu Cheiroso”, unha das lagoas polas que pasaremos ao longo da ruta:

    “Do Cheiroso cóntanse historias e lendas. Por alí dise que anda un oso totalmente branco, quizais albino, e que as súas pegadas se ven a miúdo na época das neves. Nesas augas crese tamén que se mergullan e nadan dende monstros ata ninfas ou fadas, alí coñecidas como “Ondinas”, que lavan os seus cabelos nas mañás de San Xoán. Pero probablemente a lenda máis fermosa sexa a que di que o Pozu Cheiroso é un “ollo de mar”, é dicir, un burato feito no interior da terra a través do cal o mar Cantábrico se coa e sae en metade da cordilleira. Din os pastores que a miúdo podían escoitarse as olas do mar dende o Cheiroso cando o Cantábrico sufría mareira. Quen sabe… A mesma lenda cóase tamén noutros lagos da cordilleira coma o Ausente.”

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: