Ascensión a Peña Ubiña (2.417 m)


Propoñemos para este próximo sábado a ascensión do cumio máis salientable da comarca leonesa de Babia pico que da nome a todo o macizo no que se atopa, falamos de Peña Ubiña.

Achegarémonos ao pobo de Torrebarrio desde onde iniciaremos a ruta seguindo as marcas dun PR que nos levan primeiro por unha pista e despois por un carreiro ata o paso do Ronzón. Seguirémolas tamén de camiño ao cumio pola ladeira primeiro e despois por un divertido terreo calcario con algunha trepada sinxela e con moi pouca exposición que nos levará ao cumio de Peña Ubiña que cos seus 2.417 m móstranos unhas vistas incribles de toda a comarca, tanto da zona leonesa se miramos ao oeste como da zona asturiana mirando ao leste. Dende o cumio volveremos ao paso do Ronzón polo mesmo camiño e a Torrebarrio polos sendeiros do gando e polo monte.

Data: sábado 23 de maio de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 7:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 20:30 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 12 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1170 -1170

Dificultade: alta

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Peña Ubiña (desde Torrebarrio polo paso de El Ronzón)

Peña Ubiña (desde Torrebarrio polo paso de El Ronzón)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS): premer aquí.

Advertisements

Posted on 19 Maio, 2015, in Montaña. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: