Axuda a Nepal


Desde o CM Formigueiros poñemos en marcha unha colaboración moi especial nesta ocasión.

Todo o mundo en xeral (e o mundo da montaña en particular) quedamos paralizados ante a catástrofe en forma de terremoto que golpeou o Nepal o pasado mes de abril.

Sobra dicir que como case sempre neste tipo de situacións os débiles son os mais afectados.

É por iso que poñemos en marcha unha colleita de doazóns a través dunha persoa da máxima confianza para nós. Trátase do montañeiro Juanjo Rodríguez, amigo do noso socio Ramón Vila, que a través dunha iniciativa (como tantas que leva facendo estes últimos anos) a título persoal, sen intermediarios, pretende axudar todo o posible a unha das aldeas do Nepal que quedaron arrasadas polo sismo.

Na seguinte web podedes ver o proxecto explicado en detalle e tamén tedes a información necesaria para facer unha aportación.

Pulsa na imaxe para ir á web de Nepal-Ayuda

Ademais estaremos in situ os seguintes días e horas no Albergue de Quiroga, para que calquera persoa (sexa ou non socia do Club) poida doar. Calquera axuda (de calquera importe) será benvida e TODO o diñeiro recadado será destinado directamente aos fins que Juanjo ten previsto nesta iniciativa.

Os horarios e días son os seguintes:

  • xoves 14 de maio (19:00 – 20:30h)
  • venres 15 de maio (20:00 – 21:30h)
  • sábado 16 de maio (12:00 – 14:00h)

Animamos a tod@s a participar e a difundir o máximo esta iniciativa para que chegue ao maior número de xente posible.

Un saúdo.

Advertisements

Posted on 13 Maio, 2015, in Club, SOS Nepal. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. A la atención de BHIMPHEDI PROJECT
    Siguiendo instrucciones del ordenante, a continuación le detallamos los datos de la transferencia emitida a su favor desde Banco Popular :
    Banco/Sucursal destino: 2085-9288
    Ordenante: CLUB DE MONTAÑA FORMIGUEIROS
    Importe (euros): 329,50
    Concepto: ´CM Formigueiros´ DONACIÓN AYUDA NEPAL
    Fecha de emisión: 29-05-2015

    Gústame

  2. NUEVO OBJETIVO: 40.000 €
    Nuestros Objetivos
    Recaudado hasta el momento 21.684,20 € (29/05/15)
    El objetivo de este proyecto es proporcionar a las familias de Bhimphedi (Nepal) una ayuda que les permita afrontar la reconstrucción de sus viviendas para volver a hacerlas habitables.
    Vamos a ayudar a cada familia con 20.000 rupias (unos 200 €) para que puedan afrontar en el plazo mas breve posible la rehabilitación de sus viviendas.
    Nuestro primer objetivo era llegar a un mínimo de 100 familias. Y queríamos hacerlo en un plazo no superior a dos meses.
    Alcanzado este objetivo en menos de tres semanas, nos hemos planteado el reto de ampliar este objetivo.
    AYUDANOS A CONSEGUIRLO
    NIVEL DE CUMPLIMIENTO
    Primer Objetivo Alcanzado
    GRACIAS A TODOS
    Primera transferencia a Nepal realizada para proceder a su reparto a las familias con máxima urgencia.
    AÚN QUEDAN MUCHAS MAS FAMILIAS A LAS QUE PODEMOS AYUDAR.

    Gústame

  3. Os problemas causados polo terrible terremoto de Nepal, aínda que non están xa de actualidade, non remataron. Hoxe fixemos o ingreso na conta do Club de Montaña Formigueiros do recollido nas huchas que tivemos no super Covirán, no bar Lago, no super Escaleira de San Xulian, no super Claudio Miguel de San Clodio e no IES Carlos Casares de Viana. Á xenerosidade da xente é grande e recadamos 379,47 €. O Club de Montaña Formigueiros grazas a colaboración de todos vós aportou, polo de agora, a cantidade de 329,50 + 379,47 = 708,97. Moitísimas grazas a tod@s. Velaí os xustificantes dos dous ingresos realizados:

    Gústame

  4. A la atención de BHIMPHEDI PROJECT
    Siguiendo instrucciones del ordenante, a continuación le detallamos los datos de la transferencia emitida a su favor desde Banco Popular :
    Banco/Sucursal destino: 2085-9288
    Ordenante: CLUB DE MONTAÑA FORMIGUEIROS
    Importe (euros): 379,47 €
    Concepto: ´CM Formigueiros´ DONACIÓN AYUDA NEPAL 2º ENVÍO
    Fecha de emisión: 14-07-2015

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: