Apertura da ruta Devesa das Valiñas


O próximo sábado día 28 de febreiro, @s soci@s do club estades invitados a unha nova actividade, nesta ocasión trátase da que será a apertura dunha nova ruta denominada “Devesa das Valiñas” na que se fará un percorrido pola dita devesa. Guillermo e Gemma farán de guías e levarannos a través desta devesa, subindo os tres vales que a forman usando os carrozos como vía. Pasaremos por un interesante teixedal con exemplares de gran tamaño que rondan os 500 anos, logo continuaremos cara as minas de Vilafabriz, e subida polo Pico dos Corvos cara o xacemento do cámbrico inferior riba da Buraca das Choias.

Trátase dunha ruta circular que se fará xunto con xente do grupo “Senderismo Galego“, ao remate da ruta farase unha cea conxunta (para o que queira asistir) dos dous clubs en Caselo de Paderne.

Data: sábado 28 de febreiro de 2015

Lugar de saída: Albergue de Quirogas ás 9:30 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 10 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +900 -900

Dificultade: alta

Necesaria licenza ou seguro privado: si (ademais é preciso asinar unha folla ao comezo da ruta).

Material necesario:

  • calzado de monte
  • roupa axeitada
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar
  • roupa de recambio

Inscrición:

  • sección CONTACTO deste blog ou
  • correo do club (cmformigueiros@gmail.com)

Nota: a ruta cancelarase en caso de climatoloxía adversa.

Poñemos a ruta aproximada (debuxada a golpe de rato ;-)) sobre un mapa.

Ruta das Valiñas

Ruta das Valiñas

Advertisements

Posted on 24 Febreiro, 2015, in Sendeirismo. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. A de onte foi una ruta de gran dureza, pero valeu a pena poder sumerxirse por unas horas na misteriosa e afable Devesa das Valiñas, un mundo alleo e salvaxe no que todo parecía deterse, onde todo transcorría devagar lonxe das grandes présas do mundo civilizado. Pisar os seus neveiros impasibles, contemplar as súas fermosas fervenzas e tentar adiviñar nun silencio estremecedor as lendas que agocharían os seus teixos centenarios foi como una viaxe temporal a un mundo encantado…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: