1º aniversario, estreamos o blog do Club Formigueiros ;-)


Benvid@s tod@s:

Coincidindo co primeiro aniversario do club botamos a andar este blog co fin de que serva de punto de encontro e información na rede para os socios así como para calquera persoa interesada nas actividade que desenvolvemos.

O noso club botou a andar hai xa un ano, ¡como pasa o tempo!, a primeira actividade fíxose o 18 de xaneiro de 2014 en medio dunha boa nevada facendo a ascensión, como non podería ser doutro xeito, ao cumio da montaña que da nome ao club e que marca o teito do noso querido Courel.

lucenza

Lagoa da Lucenza

Aquelo supuxo a estrea do que serían as primeiras aventuras na montaña para algúns soci@s, para outr@s, coñecer novas rutas e probar novas actividades, e para tod@s a oportunidade de compartir bos momentos con nova xente.

Ao longo do ano xa pasado, fixéronse unha boa cantidade (e variedade) de actividades, entre elas sendeirismo, rutas de montaña, BTT, trail, espeleoloxía… neste segundo ano pretendemos incrementar o número de actividades e tamén, se é posible, a variedade.

Contamos coa vosa participación!

logo_formigueiros

Advertisements

Posted on 17 Xaneiro, 2015, in Club. Bookmark the permalink. 17 Comentarios.

  1. Hoxe é un día moi importante para o Club Formigueiros. Entereime de que bota a andar este blog, o blog do noso club! Aquí temos información sobre o club e as súas actividades, podemos compartir cousas e propoñer outras… O importante é que todos participemos para facer deste un club cada vez máis grande e dinámico. Moitas grazas aos responsables polo traballo realizado!

    Liked by 1 person

  2. Unha idea xenial !!!!! 🙂

    Liked by 1 person

  3. Pois si, o blog nace con esa finalidade de interacción, o club somos tod@s, o blog tamén, se a xente non participa de pouco vale 😉

    Liked by 1 person

  4. Que día a día se multipliquen por mil as pegadas participativas neste recen estreado blog, e que sigamos compartindo aventuras montañeiras!!

    Un aplauso, por suposto, para os que fan posible este punto de encontro virtual co traballo que elo supón 😉

    Liked by 1 person

  5. O club de montaña formigueiros no camiño de santiago. Seria unha boa ruta para todos.o malo é que moi dificil de organizar.pero non estaria mal

    Gústame

  6. Hola. ¿Las actividades de vuestro club son sólo para vuestros socios, o admitís a federados de otros clubs? En otros clubs pequeños es complejo a veces hacer grupo para actividades un poco más complejas que el Senderismo.

    Gústame

    • Hola, las actividades que hacemos de momento son exclusivamente para nuestros socios. Pero en el futuro no se descarta ampliar a gente de fuera, siempre y cuando representen algún club con el que podamos llegar a hacer cosas en común. Gracias por el comentario.

      Gústame

  7. Ola a todos!

    É cousa miña ou este blog anda demasiado tranquilo ultimamente?

    Só era para lembrarvos que mañá teremos a charla de Primeiros Auxilios e Nutrición na montaña. Van ser unha nocións moi básicas e accesibles para todo o mundo sobre unha serie de temas que está ben que todos coñezamos e que nos poden ser de axuda na montaña, pero tamén no día a día. Ademais no club contamos con algúns expertos montañeiros que xa teñen feito expedicións importantes e poden complementar o contido da charla dándonos a súa opinión en función das súas experiencias.

    Imos comezar con Nutrición e Reanimación Cardiopulmonar Básica, que son dous temas moi importantes e que non deben deixarse para o final, cando a xente xa estea cansa. Logo seguiremos co resto de temas. Ó final faremos algunha práctica de reanimación, atragoamento e dalgún tema máis en función do tempo.

    Todos podedes participar expoñendo a vosa opinión e os vosos coñecementos e experiencias. Agardo que vos guste e vos sexa útil. Vémonos mañá!

    Gústame

  8. Moitísimas grazas polo interese e entusiasmo que pos nesta charla e no club.

    Liked by 1 person

  9. Moitas grazas a todos por asistir á charla de hoxe. Sei que foi longa e densa, pero espero que vos resultara cando menos proveitosa.

    Como non deu tempo a dala completa, veremos os temas pendentes nunha segunda charla: reaccións alérxicas, picaduras de insectos e mordeduras de serpe, atragoamento, afogamento e caixa de urxencias (queda pendente concretar o día). Ademáis, faremos as prácticas que nos faltaron, podemos volver practicar a reanimación e algunha cousa moi interesante que se me está ocorrendo… 😉

    Gústame

  10. Déixovos aquí a ligazón dun fermoso e emocionante vídeo que mostra a vista de paxaro as montañas cos seus nomes e a localización dos refuxios do Macizo Central de Picos de Europa:

    Gústame

  11. Hola a todos. Verónica no estaría mal pegar un croquis del tema de la alimentación en el blog, a los que no hemos podido asistir a la primera charla, nos vendría de perlas. Saludiños.
    Marisol Tomé.

    Gústame

    • Si, Marisol. Xa lle paso o contido de “Nutrición na montaña” ó Club para que o poñan no blog. Cando vexamos o que falta por dar, porase tamén o de “Primeiros Auxilios”. Un saúdo.

      Gústame

      • Muchas gracias Verónica eres muy amable. Ya soy socorrista desde hace muchos años, pero a ver si puedo asistir a la próxima charla, que nunca está de más recordar las cosas. Saludiños.

        Gústame

  12. Aínda que este non é o fío axeitado para facelo, e en espera de que se acabe de preparar o fío para compartir información sobre primeiros auxilios e recomendacións na montaña, déixovos aquí unha ligazón dun artigo sobre “Que facer ante unha tormenta eléctrica” que lin para preparar a charla “Primeiros Auxilios na Montaña” que se deu no Club. Espero que vos resulte interesante e útil: http://www.sendasyrutas.com/prevencion-accidentes-montana/que-hacer-tormenta-electrica.html

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: