Ruta polo faial de Busmayor e ascensión ao Pico Faro (1.615 m)

O día 17 é o Día Das Letras Galegas, así que aproveitando a data, dende o club propoñémosvos unha visita ao Bierzo para coñecer o Bosque de faias de Busmayor.

A actividade comeza e remata neste pobo pertencente ao concello de Barjas. Iremos ata o final do pobo onde atoparemos un panel explicativo coa fauna e a flora do bosque e máis adiante outro indicando a ruta. Será un fermoso percorrido aledando a nosa vista coa riqueza botánica do bosque (faias, acivros, bidueiros, etc.) e as pequenas fervenzas que contén, entre elas a ”Frevencia do Beiro”. Veremos tamén a pequena “Cova da Raposa”, que serviu de refuxio durante a guerra civil. Despois continuaremos pola “Senda do Faxeiral” ata chegarmos á “Piedra de Los Poetas”, un lugar espectacular no que se abre un claro dentro do bosque e onde cada ano polo mes de agosto se reúnen uns cantos poetas bercianos a ler poesías. Alí nós leremos tamén unha poesía de Manuel María, o homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Despois visitaremos outra pequena fervenza e logo, se a maleza o permite, tentaremos chegar ata a “Cova de Veigadecima”. Volveremos un pouco sobre os nosos pasos e subiremos por unha pista cara ao cordal que limita a provincia de Lugo co Bierzo, chegando ata o “Chao do Marco”, a 1.461 m de altura. Continuaremos polo cordal ata subir ao pico “Faro” de 1.615 m, un dos cumios máis altos e menos coñecidos do Courel, dende onde poderemos deleitar os sentidos contemplando pobos, vales e picos coma o Formigueiros, Peña del Seo, etc. Se o tempo o permite comeremos alí no cumio. Despois descenderemos polo cordal ata o “Campo Gamoal” (1.501 m), no que se conserva un vello pluviómetro, para logo baixar por unha pista que pasa por un merendeiro e un miradoiro dende o que poderemos botar unha ollada ao pobo de Busmayor. Despois atoparemos unha fonte e xa pouco a pouco chegaremos de novo ata o punto de partida.

Data: martes 17 de maio de 2016 (día das Letras Galegas)

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 19:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 11 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +650 -650 m

Dificultade: media

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa e calzado de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Notas:

  1. A ruta poderá ser modificada ou suspendida en función das condicións climatolóxicas.
  2. Aínda que a ruta está algo sinalizada, o percorrido polo seu interior non é doado, xa que hai varias posibles opcións de ruta que se mesturan na sinalización e poden levar á confusión, ademáis de que pode haber maleza nalgunhas zonas. Pero coa sinalización e a axuda dos medios tecnolóxicos buscarase o camiño máis axeitado.
  3. Vaise levar unha poesía de Manuel María para ler, pero se alguén ten predilección por algunha obra do escritor en concreto, convidámolo a que a leve para lela alí.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta do faial de Busmayor e Pico Faro

Ruta do faial de Busmayor e Pico Faro

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí (o roteiro ten 9 km. no canto dos 11 previstos porque non inclúe o tramo ata a cova de Veigadecima).

Ascensión ao Pico Montihuero (2.180 m)

Espectacular ruta a unha montaña emblemática de Babia. A ruta elixida parte de La Cueta, que é a poboación máis alta da provincia de León (1.460 m) no concello de Cabrillanes. O itinerario elixido non é o máis común para este cumio, pero si un dos máis interesantes porque permite percorrer un bo número de picos por riba dos 2.000 m.

O itinerario é o seguinte: La Cueta – Pico la Crespa (2.057 m) – Peña Valgueiro (1.993 m) – Peña Redonda (2.137 m) – El Picón (2.086 m) – Montihuero (2.180 m) – Los Malvosinos (2.042 m) – Peña Los Años (2.157 m) – Collado Malvosinas – La Cueta.

Data: domingo 17 de abril de 2016

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 7:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 20:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 17 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +1.300 -1.300 m

Dificultade: alta

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para alta montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida para toda a xornada
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)
  • roupa de recambio

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Nota: a ruta poderá ser modificada en función das condicións climatolóxicas e das condicións da neve na montaña.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Pico Montihuero (desde La Cueta)

Pico Montihuero (desde La Cueta)

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga: San Clodio – Os Novais

Ruta de sendeirismo organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUAS DO CAFI (CENTRO AUTONÓMICO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN), na que colabora o Club de Montaña Formigueiros.

O roteiro pretende percorrer os lugares dos que fala a obra de Manuel María “Sonetos ao Val de Quiroga”. Daquela percorreremos: San Clodio, Quiroga, Pacios de Mondelo, A Ermida, Barxa, Arxubín, Lamela, A Veiguiña, A Rodela, Carballo do Hospital, Vilañán, O Souto, O Hospital, San Xulián de Arriba, Caspedro, O Castelo e Os Novais.

O percorrido inclúe as visitas ao Museo Xeolóxico de Quiroga, a Igrexa da Ermida e a Igrexa do Hospital, así como paradas nos lugares dende os que se pode ofrecer algunha explicación sobre o noso entorno, ou aqueles que están relacionados con algún dos sonetos do libro de Manuel María.

Data: sábado 9 de abril de 2016

Lugar de saída: Ponte vella de San Clodio (hora de saída por confirmar).

Chegada (estimada): por confirmar (dependendo da hora de saída).

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 18,4 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +628 -560 m

Dificultade: media

Dirixida a: público en xeral

(IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena coa bebida e comida xa que a ruta durará toda a xornada.
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga

Roteiro Manuel María e os sonetos ao Val de Quiroga

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta do Val do Río Quiroga

Ruta de sendeirismo que percorre unha pista de terra paralela ao río Quiroga ata chegar á aldea de Casa do Vello. Desde aquí ascendemos por un sendeiro que nos leva á ermida de San Xoán, e descendemos polo val do río Pacios ata chegar ao pobo de As Barxas.

Saíndo de As Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atoparemos dúas alvarizas ben conservadas. Só nos queda chegar á desembocadura do río Pacios no río Quiroga. Poderemos volver comodamente ao inicio da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.

Data: domingo 3 de abril de 2016

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 10:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 13:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 9,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +360 -360 m

Dificultade: media-baixa

M.I.D.E.:

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila pequena con auga e algo de comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO.

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

Cartografía IGN 1:25.000: 156-IV, 157-III, 189-II

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Curso de técnicas invernais

Data: fin de semana do 9 e 10 de abril de 2016.

Lugar: Centro de Turismo Activo de Vegacervera (a 35 km de León).

Aloxamento: Albergue Turístico Superior “Cueva de Valporquero”. En habitacións de 4 liteiras, para 4 persoas cada habitación. Teñen algunhas habitacións dobres, por se alguén o prefire, tendo que solicitalo.

Curso: comezará sobre as 9.30-10 do sábado e terá unha duración de 16 horas repartidas entre sábado e domingo. A comida do mediodía podería ser, dependendo das circunstancias, no albergue ou un picnic no porto de montaña a onde nos despracemos a facer as prácticas.

Contidos:

  1. Técnicas básicas de progresión na neve
    • Progresión só con botas.
    • Progresión e autoaseguramento con piolets
    • Técnicas de progresión con crampóns
    • Autodetencións, diferentes manobras de autodetención.
  2. Aseguramento en neve e xeo
    • Anclaxes en neve, estacas, palas, anclas, piolets, técnicas de fortuna.
    • Anclaxes en xeo. Parafusos e pontes de xeo
    • Reunións e triangulacións
    • Técnicas e sistemas de aseguramento.

Prezo: 125 €/persoa para un grupo mínimo de 10 persoas. Se non se desen xuntado 10 persoas, teriamos que pagar o importe do curso: 1250 € entre os que fósemos. Para evitar isto, de non chegarmos ás 10 persoas, habería a posibilidade de xuntarnos con xente doutro grupo.

Inclúe: aloxamento en réxime de pensión completa a fin de semana (comida e cea do sábado, durmida e almorzo e comida do domingo), profesorado, clases teóricas e clases prácticas, materiais técnicos, documentación, seguros de RC e accidentes. Certificado acreditativo de asistencia e aproveitamento de 16 horas.

Non inclúe: a noite do venres, pero se no grupo decidimos ir o venres, habería a opción de reservar aloxamento e incrementaría moi pouco o presuposto. Tampouco inclúe os desprazamentos ata Vegacervera, ni ata as localizacións das clases prácticas (portos de montaña). En principio o desprazamento ata as clases faríase cos nosos medios, pero se alguén precisa desprazamento ten que avisalo ao club e o presuposto pasaría a 145 €/persoa.

Condicións: é preciso o pago previo completo para a confirmación da actividade. No caso de que para a data do curso se prevexa que non vai haber neve, cancelaríase o curso e devolveríase o diñeiro. Se unha vez desprazados ata alí se suspendese a actividade por causas alleas a Guheko, o importe presupostado aboarase na súa totalidade.

Prazo para apuntarse: ata o luns 14 de marzo (dende Guheko piden o luns 14 ter unha idea da xente que está interesada, por motivos de dispoñibilidade de aloxamento e para reservarnos esa fin de semana para o curso, xa que hai outros grupos interesados no curso e é unha fin de semana solicitada). Se o 14 hai somos xa un grupiño, poderían esperar ata o 16 para ver se nos xuntamos máis e damos feito un grupo polo menos de 10, senón verían a opción de xuntarnos con outra xente para facer grupo. AMPLIADO ATA O MÉRCORES 16.

Inscrición: enviando un correo electrónico ao enderezo do club cmformigueiros@openmailbox.org

Requisitos: requírese nivel medio de forma física e levar vestimenta invernal axeitada para a neve (tres capas: camiseta técnica, forro polar e chaqueta impermeable), braga, gorro, gafas, protección solar, guantes, mochila, polainas e bastóns.

IMPORTANTE: non é necesario ser soci@ nin dispoñer de licenza (o curso cubre todo). Canta mais xente se anote mellor para poder formar grupo. ¡PODEDES DAR A MÁXIMA DIFUSIÓN!

Agradecemos enormemente a Verónica López (socia do club) o esforzo en organizar unha actividade tan interesante e necesaria como esta, ¡¡¡o primeiro curso que se organiza dende o club!!!🙂

Enterro do mexillón

Enterro do mexillón en Aldán o sábado 13 de febreiro, festa de peche do entroido, comparsa que percorre a aldea durante toda a tarde (música, baile e diversión), rematan botando o mexillón o mar no porto de Aldán. Pola mañá daremos unha volta pola zona acompañados dos socios Trini e José Chan.

Domingo 14 ruta suave entre as praias da Costa da Vela e o Monte Facho (santuario castrexo), pasaremos por cabo Home a moi pouca distancia das illas Cíes. A ruta sae da praia de Liméns e vai percorrendo as máis emblemáticas da zona (Nerga, Barra,…)

Quedaremos a durmir nos Apartamentos Cruceiro (cada apartamento ten unha habitación con cama de matrimonio e outra dobre, cociña e comedor, tamén piscina climatizada, pode ter supletorias), moi preto da zona de marcha e festa polo que o uso do coche non será necesario si hai que saír de copas.

O sábado faremos un xantar no restaurante da praia de Areacova e o domingo antes de vir de volta na zona do Facho.

Os prezos son os seguintes:

Apartamentos (90 € / día = 22,50 € por persoa, se se poñen supletorias ao redor de 20€)

Custo estimado (tirando alto) das dúas noites e o xantar sábado e domingo: 80€

Cea do sábado: no mexillón pódese comprar mexillón cocido + pan (sae moi barato)

Data: 12, 13 e 14 de febreiro de 2016.

Lugar de saída: Albergue de Quiroga o venres 12 ás 20:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): domingo 14 sobre as 19:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo-festa

Distancia aproximada: 9 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +266 -188

Dificultade: baixa

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario (para a ruta):

  • roupa e calzado axeitados para camiñar po e suficiente en función das previsións meteorolóxicas.
  • mochila con auga e algo de comida.
  • bastóns para camiñar (opcional).
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…).

Material necesario (para a festa):

  • Recomendable levar disfrace para o enterro (do mexillón).

EN CASO DE MAL TEMPO A FESTA CANCÉLASE (E POLO TANTO TAMÉN A SAÍDA DO CLUB)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO (Nota: importante anotarse ANTES do 10 de Febreiro).

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Liméns - O Facho

Liméns – O Facho

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Ruta da Cubela (PR-G 180)

Trátase dunha das rutas máis fermosas e espectaculares que se poden realizar na provincia de Lugo, dentro do Espazo Protexido do Canón do Sil, e que discorre a través do municipio de Ribas de Sil. No 2015 foi homologada pola F.G.M.

A ruta discorre en gran parte por un pequeno sendeiro que vai bordeando o canón, permitíndonos contemplar os fantásticos paisaxes que ofrece esta zona da Ribeira Sacra ao seu paso por Augasmestas, atravesando lugares de gran valor ecolóxico caracterizados pola presenza de especies de flora típicas de ambientes mediterráneos, como enciñeiras, sobreiras, érbedos, etc..

Na metade do percorrido, poderemos contemplar o que sen dúbida é o elemento natural máis fermoso de todo o Canón do Sil: o impresionante Meandro da Cubela, que describe unha curva de case 360 graos, e situado nun entorno sen parangón en toda a zona.

Ademais, ao longo da ruta, visitaremos interesantes poboacións típicas da zona, como A Cubela, fermosa aldea restaurada con fondos da Unión Europea e situada nun fermoso lugar; Torbeo, cunha valiosa e moi interesante igrexa románica e Souto, esta última completamente abandonada.

Data: domingo 31 de xaneiro de 2016.

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 9:00 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 14:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 16 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +550 -550

Dificultade: baixa

M.I.D.E.:

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 180 Ruta da Cubela

Dirixida a: socios (IMPORTANTE: para calquera das actividades recoméndase dispoñer de licenza federativa ou seguro que cubra os riscos na práctica dos deportes na montaña).

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para camiñar po e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e algo de comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • en función da meteoroloxía prevista protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO (nota: ao final da ruta iremos comer a Quiroga, o que queira apuntarse á comida que o especifique no campo “Comentario” do formulario de inscrición).

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

PR-G 180 Ruta da Cubela

PR-G 180 Ruta da Cubela

Cartografía IGN 1:25.000: 189-I, 189-II

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar á ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

Segunda e terceira remesas de licenzas federativas

O vindeiro 17 de xaneiro tramitaremos a segunda remesa de licenzas da Federación Galega de Montaña. Tod@s aquel@s soci@s interesados en renovar ou solicitar a licenza federativa de montaña pódeno facer ingresando na conta bancaria do club a cantidade correspondente ao tipo de licenza solicitada ademais da cantidade correspondente ao pago da cota do club do ano 2016 (no caso de non tela aboado xa). Nesta segunda remesa tramitaranse as licenzas daquel@s soci@s d@s que conste o ingreso ata o venres 15 de xaneiro incluído e non terá custos bancarios.

Tedes a información sobre modalidades de licenza, custo, cobertura do seguro,… neste blog en FAITE SOCI@ > Licenza FGM

Adiantamos que se fará unha terceira e última remesa extraordinaria o 14 de febreiro, para aqueles mais despistados.

Lembramos que a licenzas tramitadas dentro das remesas non teñen custo adicional para os socios. As tramitacións de licenzas fóra das remesas terán un custo de 1 € derivado das comisións bancarias, que terá que ser asumido polo/a interesado/a.

Ruta 2º aniversario do Club Formigueiros

Ruta circular con saída dende a Seara dirección Formigueiros polo camiño recentemente recuperado polo concello ata Formigueiros, baixada cara das Fontes da Rogueira saíndo dirección Campa da Lucenza para retornar ao inicio baixando pola lagoa.

Data: sábado 9 23 de xaneiro de 2016 (nota: debido ás malas previsións meteorolóxicas cámbiase a data para o día 23).

Lugar de saída: Albergue de Quiroga ás 8:30 hrs. (usaremos os nosos propios medios para o desprazamento).

Chegada (estimada): 18:00 hrs.

Disciplina: sendeirismo

Distancia aproximada: 10,5 km.

Desnivel acumulado aproximado (positivo e negativo): +900 -900 m

Dificultade: media

Dirixida a: socios

Necesaria licenza ou seguro privado: si

Material necesario:

  • roupa e calzado axeitados para montaña e suficiente en función das previsións meteorolóxicas
  • mochila con auga e comida
  • bastóns para camiñar (opcional)
  • protección solar (gafas, crema solar, gorra/sombreiro…)

Inscrición: cumprimentar o seguinte FORMULARIO

Ruta sobre o mapa topográfico do IGN (premer no mapa para velo a maior tamaño, recomendable velo nun PC):

Ruta A Seara - Formigueiros - Lagoa da Lucenza - A Seara

Ruta A Seara – Formigueiros – Lagoa da Lucenza – A Seara

Roteiro en formato GPX (para o que queira levar a ruta no GPS ou móbil): premer aquí.

URXENTE: primeira remesa de licenzas federativas

O vindeiro 2 de xaneiro tramitaremos a primeira remesa de licenzas da Federación Galega de Montaña. Tod@s aquel@s soci@s interesados en renovar ou solicitar a licenza federativa de montaña pódeno facer durante esta semana ingresando na conta bancaria do club a cantidade correspondente ao tipo de licenza solicitada ademais da cantidade correspondente ao pago da cota do club do ano 2016. Esta remesa non terá custos bancarios para os socios.

Tedes a información sobre modalidades de licenza, custo, cobertura do seguro,… neste blog en FAITE SOCI@ > Licenza FGM

Deste xeito @s soci@s poderán estar asegurados o ano completo, dado que a licenza cubre anos naturais, este feito resulta interesante para non perder nin un día de seguro na montaña.

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.